jueves, 28 de mayo de 2015

A froita, beneficios para a saúde

Este é o resultado final da tarefa que realizaron os alumnos e alumnas de 4 anos e 2º de primaria do CEIP Vicente Risco de Vigo sobre a froita e os seus beneficios. Estamos moi contentas do resultado. Noraboa nenos e nenas!!


jueves, 30 de abril de 2015

Valoración do curso

O grupo Toxos e Flores está a traballar nunha tarefa sobre as froitas tropicais. Traballamos cun grupo de alumnos heteroxéneo formado por alumnado de 4 anos e 2º de primaria.
O que levamos aprendido nestas sesións serviunos para descubrir as posibilidades didácticas que teñen as tablets e as apps na realización de tarefas.
Supuxo unha evolución no coñecemento que tiñamos destes dispositivos, andamos lento pero pasiño a pasiño...
O traballo colaborativo entre iguais permite intercambiar experiencias e aprender doutros.
Paz Gonzalo ten unha gran capacidade de motivarnos e transmite moi ben a necesidade de producir cambios na metodoloxía que empregamos nas aulas. Estamos no bo camiño,.... Grazas Paz!!.

Merce, Tere, Isa E Duli.

miércoles, 8 de abril de 2015

FACENDO PRÁCTICAS



O alumnado de segundo leu un conto, fixo as ilustracións do mesmo, e despois elaboramos un vídeo insertando fotos e gravando voz coa App Explain Every. Para poñerlle música utilizamos  IMovie. A finalidade era facer prácticas para manexarse mellor con estas aplicacións.




miércoles, 11 de marzo de 2015

Tangram Video tutorial

Videotutorial realizado con la App Explain Everything, empleando funciones elementales: insertar imágenes, recortar fotos, mover, bloquear escala, dibujar a mano alzada, grabar audio, añadir nuevas diapositivas, insertar una página web,...
La música se añadió con Imovie, pero fue creada con la App Garageband.


lunes, 2 de marzo de 2015

Nove razóns para comer froita

Os alumnos de 2º curso pensaron en nove motivos para animar  a outros nenos a comer froita.
Saúde e froitas parecen ser dúas palabras que se levan moi ben!!!

miércoles, 18 de febrero de 2015

Maquillándose con Doceri

Este é o videotitorial feito con Doceri sobre maquillaxe. Ocorríusenos inventar maquillaxes sobre as nosas propias fotografías.

martes, 27 de enero de 2015

jueves, 15 de enero de 2015

Videotitorial Tempo atmosférico - Aparellos



 Na clase de 5º de primaria estamos a traballar os climas, o tempo atmosférico,...
E decidimos debuxar os aparellos que se empregan para obter informacións sobre o tempo atmosférico. Así foi como quedou o noso primeiro videotitorial feito con IMovie.

jueves, 8 de enero de 2015

PRESENTACIÓN

Ola a tod@s!:
A creación deste blogue xurde pola necesidade de formación dun grupo de mestras do CEIP VICENTE RISCO de Vigo. Participamos nun PFPP guiado polas asesoras do CFR de Vigo, e titorado pola Pedagoga Dna. Paz Gonzalo, (@Pazgonzalo) con ampla experiencia en cursos de formación e en metodoloxías basadas no traballo colaborativo e no emprego das TIC.
Blogue do PFPP:
http://estudiantescreandotutoriales.blogspot.com.es/

Pretendemos con este blogue amosar os nosos avances e aprender creando novas experiencias empregando dispositivos móbiles para crear co noso alumnado videotitoriais.
Colaboran neste blogue:
  • Mª Mercedes González Guisande, mestra en Educación Infantil
  • Teresa Cortizo Gil, mestra en Educación Primaria
  • Margarita Martínez Gil, orientadora
  • Obdulia Cristobo Losada, mestra en Educación musical. (@Dulicristobo)