jueves, 30 de abril de 2015

Valoración do curso

O grupo Toxos e Flores está a traballar nunha tarefa sobre as froitas tropicais. Traballamos cun grupo de alumnos heteroxéneo formado por alumnado de 4 anos e 2º de primaria.
O que levamos aprendido nestas sesións serviunos para descubrir as posibilidades didácticas que teñen as tablets e as apps na realización de tarefas.
Supuxo unha evolución no coñecemento que tiñamos destes dispositivos, andamos lento pero pasiño a pasiño...
O traballo colaborativo entre iguais permite intercambiar experiencias e aprender doutros.
Paz Gonzalo ten unha gran capacidade de motivarnos e transmite moi ben a necesidade de producir cambios na metodoloxía que empregamos nas aulas. Estamos no bo camiño,.... Grazas Paz!!.

Merce, Tere, Isa E Duli.

miércoles, 8 de abril de 2015

FACENDO PRÁCTICAS



O alumnado de segundo leu un conto, fixo as ilustracións do mesmo, e despois elaboramos un vídeo insertando fotos e gravando voz coa App Explain Every. Para poñerlle música utilizamos  IMovie. A finalidade era facer prácticas para manexarse mellor con estas aplicacións.